Opina no noso FORO
Tempo para Ponteareas
Rutas GPS

As rutas aquí postas teñen 2 formatos para poder baixalas, un é en KML e o outro en GPX.As rutas en KML, tes que ter instalado o Google Earth , enton descomprimela e veras a ruta sobre o terreno, tal como se mostra nas fotos.Pero poderas acercala e ver os relieves.

O formato GPX e para metela nun GPS e el levate pola ruta.

Pograma Google_Earth

 

 

MARCHA DAS ROSQUILLAS 2011 KML- GPX

Actividad: mountain bike
Ponteareas, Galicia (España)
Distancia recorrida: 33,05 kilómetros
Altitud min: 22 metros, max: 451 metros
Desnivel acum. subiendo: 1.106 metros, bajando: 1.102 metros
Grado de dificultad:  Moderado
Tiempo:   4 horas 22 minutos
Fecha:  enero 31, 2011
Finaliza en el punto de partida (circular):   Sí
Coordenadas: 500

 

Percorrido da VII Marcha das Rosquillas 2010 Kml - Gpx

 

Ruta das Rosquillas2004_Galleiro (KML) (GPX)

 I Ruta das Rosquillas (Ponteareas- monte Galleiro)

Lonxitude: 33 Km
Grao de Dificultade: moderada a alta.
Altura máxima: 723 m
Altura mínima: 30 m


Esta ruta transcorre principalmente pola serra do Galleiro. Comeza cun suave percorrido por Ponteareas, a Freixa e Ribadelouro (mallormente por asfalto). Cando abandonamos o asfalto, comeza o ascenso ao monte Galleiro, por pistas ascendentes pouco complicadas pero con algún que outro repecho, pasaremos cerca do barrio de Mouro, seguiremos subindo ata aproximarnos ao pobo de Galleiro, onde a proximidade do cume do galleiro anímanos co ascenso.

 Por fin chegamos ao Galleiro (cota mais alta do concello de Ponteareas), lugar idoneo para recobrar as forzas e deleitarnos coas marabillosas vistas do val do tea, val do Louro e a ensenada de San Simón en Redondela.

O descenso realizárase, pola vertente oeste da serra, para seguidamente ascender un pequeno tramo e continuar baixando pola vertente este, ata alcanzar o pobo de Cillarga.
Los últimos tramos de baixada son seguramente uns dos mellores descensos que recordeis (lume de biqueira).

Xa de regreso a Ponteareas percorreremos a parroquia de Areas por camiños e sendas que nos deixaran un bo sabor de boca.

Animarvos a facela .


Debido á desaparición dalgúns camiños e sendas esta ruta GPS non se cingue exactamente á realizada como a primeira marcha das Rosquillas celebrada no ano 2004.

1

 

Ruta das Rosquillas2007_Castro da Troña (KML) (GPX)

 IV Ruta das Rosquillas (Ponteareas- Castro de Troña)

Lonxitude: 32 Km
Grao de Dificultade: moderada
Altura máxima: 457 m
Altura mínima: 30 m


Esta ruta transcorre principalmente pola ribeira do río Tea e polos montes da Picaraña. Comeza cun bonito e pintoresco percorrido pola beira do Tea ata chegar a estrada de Ponteareas-Salvaterra (PO-403), atravesaremos esta estrada e a ponte para internarnos novamente na senda que percorre o río Uma pola sua beira este. Cruzaremos  a  Ponte do Cabalón, continuaremos cun suave percorrido protexidos pola fermosa sombra da floresta ata chegar a Santiago de Oliveira,  unha vez alí comezaremos o ascenso á Picaraña non sen antes atravesar a N-120.

Xa no merendeiro da Picaraña comenza os tramos mais duros do percorrido. O ascenso ata a cota mais alta farase lento pero un par de trialeras farannos que sexa mais levadeira a subida.  Ao chegar ao monte das Pias comeza o descenso ao castro de Troña, esta baixada contén dúas trialeras para evitar circular por unha pista con moita pedra solta.

Xa estamos no mítico Castro de Troña, poderemos refrescarnos na súa fonte, mandarnos algo de comida,  gozar das vistas e facer unha pequena visita ao asentamento castrexo. Unha vez repostas as forzas, seguiremos baixando por unha pista chea de escaleiras que nos levan ata Pias, alí cruzaremos a estrada de Mondariz por un pequeno tunel (agachar ben a cabeza os mais altos). A ruta continua cara ao rio Tea, unha vez cruzado a ponte á altura de Pontacons, colleremos unha pequena pista que nos achegará ao Chan dá Gandara, para logo levarnos todo pola beira do Tea ata o punto de inicio da marcha.

Animarvos a facela e gozala.

 

2

Ruta das Rosquillas2008_Aparecido (KML) (GPX)

V Ruta das Rosquillas (Ponteareas - Santo Aparecido)

Lonxitude: 35 Km
Grao de Dificultade: moderada.
Altura máxima: 568 m
Altura mínima: 30 m


Esta ruta transcorre principalmente pola serra do Galleiro. Comeza cun suave percorrido por Ponteareas, a Freixa e Ribadelouro (mallormente por asfalto). Cando abandonamos o asfalto, comeza o ascenso ao monte por pistas ascendentes pouco complicadas pero con algún que outro repecho, pasaremos cerca do barrio de Mouro, Un par de baixadas rápidas levarannos ata o campo de futbol de Padróns, alí novamente comezaremos a ascender dunha forma continuada gozando de paraxes singulares da nosa bisbarra, como as fervenzas e as vistas do val do Tea.
Unha vez alcanzada a cota máxima, preto do Santo Aparecido, poderemos gozar do noso merecido descanso, repor forzas e prepararnos para un descenso rápido cara  Cortellas. Cruzaremos a estrada a Pazos de Borbén e continuaremos por unha pista ata alcanzar a beira do río Borbén, onde gozaremos duns recumchos de gran beleza. A ruta continua achegándonos ao Chan dá Gandara onde alcanzaremos a beira do río Tea que nos fará compaña ata o remate da nosa ruta en Ponteareas.


Animarvos a facela.


3

 

 

......................

.............