HISTORIA DO CLUBE
A A.D.C. PICARAÑA fundouse o 17 de Novembro do 2003 e, apenas
contabamos con 20 socios; agora xa somos 101.
Todo comezou, cando un grupo de amigos que esporadicamente se reunían para practicar bicicleta de montaña ou BTT, decidiron se uniformar
e, como imaxinades despois de deliberar moito, xurdiu a idea de asocia-lo
traxe de Spiderman co noso monte "A PICARAÑA".
A raíz diso creouse o nome de Picaraña 2000. En fin, o que nun
principio supúñase que serían unhas poucas equipacións para ese grupo
reducido de colegas, chegou a se transformar nuns 80. Dende entón, os
ciclistas de BTT en Ponteareas sómo-los Spiderman da bicicleta.
Os nosos colegas organizaron as primeiras marchas en Ponteareas dende
o 2000 ó 2003,onde reunían un curioso número de participantes e, os
cales nos deixaron un gran legado, o seguir con estas actividades.
Foi entón cando varios afeccionados decidimos federa-lo Clube como
Asociación Deportiva Cultural Picaraña. Decidimos modifica-la equipación
tendo en conta a xa creada e diseñamos unha que non pasase
desapercibida, cuns cores e logotipo chamativos.
Dende entón tódolos anos facémo-la MARCHA DÁS ROSQUILLAS
e a de CRUCEIRO DE COVELO.
Ano a ano propómonos novos retos e ideas, renovando o noso afán,
nos vendo recompensados cunha maior afluencia de participantes e, coa
satisfacción de que o traballo realizado durante meses dea os seus froitos.
Grazas a elo obtemos experiencia para as seguintes edicións
tentando nos superar cada ano.
Como non, facer unha mención especial para os socios, amigos e familiares
que , sen animo de lucro, apórtanno-la súa axuda incondicional facendo posible
que se leve a cabo o noso principal obxectivo, gozar deste deporte
tan importante para a Vila do Corpus, posto que é a berce de tantos
profesionais que marcaron a historia do ciclismo.
Tamén agradecer ós nosos patrocinadóre-lo seu apoio, esforzo e toda
a confianza depositada en nós.